jueves, 23 de junio de 2011

OS INDIGNADOS

Eduardo Fra Molinero
Os indignados veñen de recoller a idea dun vello resistente (contra os nazis) Stéfhane Hessel. Nun libriño,que cabe nun peto, aconséllalles ás novas xeracións que se rebelen pacíficamente contra a ditadura dos mercados e dos poderes financeiros. E lembra, para os que queiran escoitar que a resistencia francesa proclamou que a loita contra os nazis tamén conlevaba un programa de dereitos humáns, dun estado social que controlase os medios de producción e máis a banca, e destinase os cartos de todos na inversión das necesidades públicas.

Os indignados xúntanse nas prazas, que para esto valen, para as xuntanzas públicas e para as grandes decisións. Aqueles mozos do maio do 68 (vaia polas ánimas, outro maio) tamén se indignaron contra as moitas inxustizas, e en España ademais contra o oprobio da ditadura franquista. Un periódico galego chamounos “inmunda escoria”. Hoxe volvo escoitar insultos contra estes indignados do novo maio. Non perdamos o tempo escoitando o barullo que sae do nerviosismo de quen sabe que vive montado na inxustiza.

Demasiadas trampas (unha desnaturalización do estado democrático; pouco estado e pouco democrático). Os indignados len aplicados ao vello Stéfhane Hessel que lles di que o Estado debe recuperar os poderes económicos e poñelos ao servicio da sociedade. Nas xuntanzas da praza hai moito tempo para falar e máis para ler. Lean logo o libro “Indignádevos”. Reléano na casa. Di cousas moi elementais, que a moitos lles pon dos nervios... non vos extrañedes que vos insulten.
Eduardo Fra Molinero , (Publicado no Diario de Ferrol)

No hay comentarios: