jueves, 16 de junio de 2011

Non a violencia,nin a manipulación!!


No minuto 0:36 do video vese claramente que os que provocan os disturbios levan casco e chaqueta (coa calor que facía). Despois, a partir do minuto 2:04 vese claramente a unha muller da policía secreta (chaqueta negra e pantalón pirata) cun casco dentro da mochila (por exemplo min.2:18 ou 3:06). Cando se están indo, o último dos "provocadores" parece levar outro casco na mochila (minuto 3:58). ¿Para que levaría un policía secreta un casco a unha manifestación? Nunca tal se veu...

No vídeo vese que ningún manifestante real provoca ou se mete con "os policías de paisano"

Calquera discrepancia pódese defender democrática e PACIFICAMENTE , o que non se pode permitir é que se defenda coa violencia ou coacción .

Tampouco se xustifican as agresións no Parlament de Catalunya,nin intentos de agresión a Cayo Lara ,durante o acto de protesta contra o desafiuzamento dunha familia en Madrid,ao que acudiu o coordinador xeral de EU a título persoal.

Fago un chamamento a tod@s para que as nosas protestas sigan desenvólvendose e transcurrindo PACIFICAMENTE.

2 comentarios:

Shatzy Shell dijo...

No deja ver el vídeo "es privado", pone...

TOMA LA CALLE dijo...

O eliminaron,pero atopeino denovo,agóra vai.Grazas e saúde