sábado, 30 de julio de 2011

SIN DESCANSO

  
Yolanda Díaz
Non hai descanso para ese ar novo que alcumado 15 M non deixa de espir       as miserias dunha orde social, a capitalista, que se reproduce nociva contra   os nosos dereitos e liberdades. Marcharán de vacacións neste vindeiro   agosto os obedientes gobernos que en Compostela e Madrid repiten a leria dos recorte, mais non hai descanso para esa vaga cidadá responsable, insubmisa e crítica que de xeito colectivo, sen os protagonismos e vanidades que firen o quefacer público demasiadas veces, está a producir unha loita social e unha proposta de democratización que, estou certa, non está a deixar indiferentes aos poderosos señores do capital, que tentan disimular o desacougo que lles produce a progresiva deslexitimación dos seus capataces. Capataces que aplican políticas contra a sociedade que non foron defendidas nos seus programas electorais. Capataces que impiden coas medidas que impoñen nun parlamento virado de costas contra a cidadanía que poidamosexercerna práctica os dereitos que temos recoñecidos no Estatuto dos Traballadores, ou que ao recortar as pensións condenan á xente moza a apenas unha pensión de beneficiencia, ou que reparten milleiros de millóns de euros aos bancos para que saneen balanzos, etc. Capataces obedientes que non descansan en aplicar as políticas do capitalismo pero que agorateñen un adversario que non descansa: a respiración na rúa dun programa social alternativo, feito nas asembleas, nos barrios, nas universidades, que en xullo enche Madrid e que vai ter como percorrido o noso porvir.


Publicado por Yolanda Díaz no Diario de Ferrol

No hay comentarios: