jueves, 23 de junio de 2011

¿INDIGNADOS? SI. E CABREADOS

José María Villot
A cotio temos que enfrontarnos con administracións empresas de servizos e administracións, nunha loita xorda e cara.


Póñolles un par de exemplos: queres facer unha xestión cos señores que che serven ¡e cobran! o gas e a electricidade e tes de tempo até a hora do vermouth. Se te quedas ás escuras ou che sae o gas pola ducha noutro horario....chama aos bombeiros ou ao Exército de Salvación. Ah, por certo, no tempo que os teus servidores (xornada ata as dezaseis trinta) che ¿serven? tes que expor ao empregado o teu problema de pé (el está sentado) ou agachado se o encargado de coidar o teu gas e electricidade está nunha mesa que che chega polos xeonllos.


Se o teu problema é a auga -alta, baixa, etc.- debes acampar na casa dos teus servidores (que cobran!), pola mañá, entre oito e media e unha e media.


Se necesitas algunha xestión e usas o teléfono (aquí entre os nosos habituais "servidores" inclúa aos do teléfono, a tele ou similares), tes que chamar a un 902 para despois de escoitar "Os 40 principais" e facer distintos exercicios de forza co dedo (pulse o un se é louro; "dele" ao dous se quere algo e espere sentado se non sabe o que quere"....).


Somen os bancos, as caixas, o Concello e a Xunta. Centos de cidadáns facendo cola para o rexistro, para renovar o padrón, para cobrar un cheque ou, ai, pagar unha factura. Unha xestión no que antes chamabamos "ventanilla" dura tanto como un partido Nadal-Federer. Suxírenche que uses o caixeiro automático, internet, o teléfono sen darse conta (os currantes, que os empleadores sábeno) que cando cambien a todos os empregados por "aparellos", estes engordarán a cola dos parados que fan xa moitos para cobrar no banco a pensión ou o subsidio, piden unha subvención ao Concello ou rexistran as súas queixas ante a Xunta.


Primeiro, lembren, retiraron os cobradores do bus, o banco, a luz, a auga etc. Máis tarde taquilleros (un para todos os cinemas) e acomodadores. As caixas pechan oficinas e as administracións recortan gastos mentres aumentan as colas dos que -pagando o sistema- pedimos solucións. O patrón gaña máis e o cidadán menos soldo e peores servizos.
¿Indignados? Encabuxados, puteados.


José María Villot , (Publicado no Diario de Ferrol)

No hay comentarios: