
Xesús Díaz. (Membro activo do texido asociativo)
Gabi (Compañeiro da acampada 15M,con ameaza de desafiuzamento)
Despois do debate quedaron claras moitas cousas.
Quedou claro que;existe a perda de soberania dos gobernos,e isto vese agora,cando a banca "tocou fondo".

Os bancos adicáronse a presionar o botón "Enter" para dar un diñeiro do que non dispuñan,e cando se deron conta apareceu a palabra "CRISE",quedaron sen activo....
Para poder rescatala e saír desta crise,din que temos que "volver empezar",obrígannos aos cidadáns a tragar cunhas medidas de recorte que lles salven o cu,para poder comenzar de novo.
Estas medidas supoñen,(para empezar),a perda de poder adquisitivo,conxelación e recorte de salarios,perda de dereitos civís,degradación de todos os servizos públicos e despedimento de funcionariado,e todo cunha finalidade,PRIVATIZAR
![]() |
Premer na foto para ler |
Todos estes recortes sociais,veñen impostos pola "depredarora Banca" aos políticos,(eses que eliximos,e logo véndense aos mercados financeiros e multinacionais).
"Nos gobernan os Mercados Financeiros"
Pero entre tanta oscuridade,sempre queda unha físgoa de luz.Ser don@s do noso destino,ser inconformistas e loitar por recuperar a nosa soberania popular, forzar a creación dunha Banca Pública, esixir a reforma da lei hipotecaría, parar os desafiuzamentos, regular a dación en pago, conversión das vivendas hipotecadas en vivendas de aluguer social.....
"Todo esto acadarase si loitamos,e decimos NON"
No hay comentarios:
Publicar un comentario