lunes, 4 de julio de 2011

“Tod@s somos greg@s”


Este Domingo,3 de Xullo,do 2011, os compañeir@s do movimento 15M, os indignad@s de Ferrolterra marchamos polas rúas da nosa cidade, para decirlles ás xentes que a loita do pobo grego é a nosa loita, que os inxustos recortes polos que se quere someter a este pobo por mor dos rescates, constitúen un verdadeiro chantaxe, un atraco ao estado de benestar, e sobre todo que non servirán de maneira algunha para sair da recesión, senon todo o contrario, contribuirán a acrecentala.

Son medidas regresivas e antisociais que avanzan cara un aumento da precarización laboral e unha drástica reducción do gasto social co correlativo empobrecimento dos servicios públicos básicos como a sanidade e a educación. Dende a Praza 15 de Maio ata o Muelle de Curruxeiras, onde limos o manifesto: “Tod@s somos greg@s”, quixemos deixar constancia da nosa solidariedade con este povo irmao.
Begoña M. B.

No hay comentarios: