sábado, 2 de julio de 2011

MENSAXE AOS MEDIOS

Os Indignad@s de Santiago de Compostela,seguiron o exemplo de Ferrol e doutras localidades do estado,e impediron que Conde Roia tomase "tranquilamente" posesión do seu novo cargo como Alcalde de Santiago.

Ao acto asistiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo (que non se perde unha),e os conselleiros de Presidencia e de Medio Ambente.
Con grandes medidas de seguridade,foron entrando no hemiciclo,acompañados dunha sonora protesta,á cal se sumaron afiliados dos sindicatos do ensino de UXT, CC.OO. e CIG e o STEG

O número de manifestantes pasaba con fartura as 200 persoas,a pesar de que os medios xa están a manipular a noticia,actualmente a cifra que barallan é de medio centenar de persoas.

MENSAXE AOS MEDIOS

No hay comentarios: