miércoles, 29 de junio de 2011

"Boca-chanca" falando do "15M"

Busquei unha foto do individuo que asinaba o artigo no Diario de Ferrol,e a hora de buscar en Google,introducín estes parámetros -"Francisco Xosé Castiñeira en ferrol", atopeime unicamente imaxes do PP, e de Rei Varela,queda ben craro quen é este persoaxe e en que circulos móvese.

"DE INDIGNADOS E ACAMPADOS"
Non entendo moi ben quen son eses que se autoproclaman indignados, nin o que queren ni moito menos o que esixen, aínda que se arroupen baixo unha bandeira tan xenérica como a demanda de democracia real. Afortunadamente vivimos nun sistema político no que calquera pode ser xefe do Goberno ou alcalde, menos presidente dunha Deputación, iso xa son palabras maiores e só está ao alcance duns poucos o mesmo que o de deputado provincial. Pero se estes indignados se organizan como debe ser, non en comunas nas rúas, aos catro días montan un partido, se presentan ás eleccións e se son electos poden desindignar a toda a poboación en catro días, como fixeron os Verdes alemáns tras a crise dos mísiles nos anos oitenta, e aínda seguen no Bundestag.
Parece ser que unha das súas cláusulas para incluír na política e que non vaian imputados nas listas, nin sequera piden marcar cunha cruz ao elemento candidato que teña mellor pinta, con que non vaian imputados xa lles chega. Pouco piden, dado que todos os súbditos do Reino xa estamos acusados de ladróns de facto, cada vez que compramos un aparello electrónico de almacenaxe de datos xa pagamos por furtadores. Así que, indignados, imputados somos todos, e os que o son de forma dupla até foron elixidos alcaldes. A saber, houbo xente que foi votar por eles.
O enfado coa clase política non se demostra con acampadas nin con festivais de Ortigueira todo o ano. Hai seis anos vociferaban os políticos galaicos e españois que iamos cara ao pleno emprego e que todos eramos millonarios polo feito de ter unha leira, na cal se ía levantar unha urbanización con piscina e campo de golf, agora resulta que aquel sistema de contratación laboral non vale, que era unha falacia. Isto indigna.
Hai seis anos, non se falaba de xubilar á xente aos 70 ou 80 anos porque non había problema en pagar as pensións, que todas eran multimillonarias segundo parece cando en Galicia temos a máis baixa do Reino. Agora hai que xubilarse cun pé na tumba, mentres se fan regulacións e despedimentos a persoal con 50 anos. Isto indigna. Hai seis anos, o sistema bancario do Reino era un modelo para o mundo. Mentres Wall Street tremía coas crebas, as caixas da aforro non daban máis que beneficios e expandíanse polo mundo en negocios dos cales nin se sabía a súa viabilidade, pero quedaba bonito que tal caixa compraba a unha liña ferroviaria no Perú e deixaba sen capital a súa obra social. Isto indigna.
Non sei que piden os chamados indignados, pero antes había contestatarios ou rebeldes, agora até os que viviron do conto no bipartito, queren volver aos despachos canto antes e tamén se autodefinen indignados. De chiste, o indignador indignado.
Francisco Xosé Castiñeira

No hay comentarios: