lunes, 6 de junio de 2011

Asemblea Constituinte da Promotora de "Mesas de Converxencia Social en Ferrol Terra".

Convocatoria Asemblea Mesas Converxencia en Ferrolterra
  • Para dar unha resposta unitaria ás agresións ao estado de benestar.
  • Para exixir dos poderes públicos que atendan ao interese cidadán.

A Comisión preparatoria, convoca:

Asemblea Constituinte da Promotora de Mesas de Converxencia Social en Ferrol Terra.

Que terá lugar o Martes 7 de Xuño, ás 19:30 horas, no Centro Cultural "Carvalho Calero", na Praza do Inferniño de Ferrol.

A asemblea será pública e aberta a toda a cidadanía, coa seguinte proposta de Orde do Día para o seu debate:

  1. Intervención de Armando Fernández Steinko, sociólogo e membro da Promotora Estatal das Mesas de Converxencia.
  2. Propostas sectoriais:
    a) Desemprego.
    b) Factura eléctrica. Empresas enerxéticas.
    c) Hipotecas. Desafiuzamentos. Abusos da Banca.
    d) Empresas de telecomunicacións.
    e) Privatización da auga.
    f) Privatización da Sanidade.
  3. Accións próximas a emprender.
  4. Denominación da Promotora de Ferrolterra.
O obxetivo desta Asemblea é organizar a cidadanía para a mobilización fronte o abuso das políticas neoliberais

No hay comentarios: