sábado, 28 de mayo de 2011

Frores rexeitando a actuación policial na acampada Barcelona.

Onte ás 19:00h produciuse en Ferrol unha concentración espontanea repudiando a actuación e o abuso policial na acampada da Praza de Catalunya,(Barcelona)

Esta concentración foi artellada en poucas horas desde as redes sociais e por envío de emails.

Ciudadáns,e diversas Asociacións da cidade sumaronse na concentración cos mozos de "Democracia Real Xa" acampados na Praza de Armas.

 
Realizouse unha repartición de flores entre os asistentes,e tras a lectura dun comunicado rexeitando o acontecido en Barcelona,recalcando a actitude pacifista de todas as acampadas.

Coreáronse as coñecidas consignas: "Non hai pan para tanto chourizo" e "Chámano democracia e non o é"
Ao final do acto formáronse os xa clásicos coros de debate político-social,convertendo a Praza de Armas en verdadeiro Parlamento Cidadán.

O resultado foi: Democracia 1 , Abuso de autoridade 0

No hay comentarios: