sábado, 28 de mayo de 2011

ATENCIÓN!! Hoxe posible intento de desaloxo por parte da policía

Falamos na asemblea das 12 e chegamos a uns puntos claros a seguir en caso de desaloxo:

1-Non ofrecer resitencia violenta baixo ningunha circunstancia.

2-Tentar gañar tempo dicíendoles que nos imos e facer como que recollemos. Mentres tanto chamar á maior xente posible para que se acuda alí e ser máis.

3-Se se producise o desaloxo de todos os xeitos esperar ao carón e segundo váianse da praza volver ocupala.


Os medios informativos están ao corrente de todo isto e están á espera dunha chamada nosa para acudirse na praza. Tamén se contactará cun avogado para que estea presente se pode nese momento e poida guiarnos en caso dalgunha dúbida sobre as actuacións.

Durante a tarde de hoxe irase informando á cidadanía de que estamos ameazados de desaloxo e ao longo do dia irase falando entre nós de todo isto, podendo convocarse unha asemblea extraordinaria despois dos concertos.

O problema principal que vimos son as noites xa que durante o dia non ván a vir, xa cometeron ese erro en Barcelona e non vá a volver suceder, así que os que esteamos na acampada teremos que coordinarnos o mellor posible para estar en contacto por se isto faise efectivo.

No hay comentarios: