Convocatoria Asemblea Mesas Converxencia en Ferrolterra
- Para dar unha resposta unitaria ás agresións ao estado de benestar.
- Para exixir dos poderes públicos que atendan ao interese cidadán.
A Comisión preparatoria, convoca:
Asemblea Constituinte da Promotora de Mesas de Converxencia Social en Ferrol Terra.
Que terá lugar o Martes 7 de Xuño, ás 19:30 horas, no Centro Cultural "Carvalho Calero", na Praza do Inferniño de Ferrol.
A asemblea será pública e aberta a toda a cidadanía, coa seguinte proposta de Orde do Día para o seu debate:
- Intervención de Armando Fernández Steinko, sociólogo e membro da Promotora Estatal das Mesas de Converxencia.
- Propostas sectoriais:
a) Desemprego.
b) Factura eléctrica. Empresas enerxéticas.
c) Hipotecas. Desafiuzamentos. Abusos da Banca.
d) Empresas de telecomunicacións.
e) Privatización da auga.
f) Privatización da Sanidade. - Accións próximas a emprender.
- Denominación da Promotora de Ferrolterra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario