miércoles, 9 de mayo de 2012

#12M-15M

O vindeiro 12 de maio, a cidadanía sairá á rúa para reclamar un sistema xusto onde todas e todos poidamos ser parte da toma de decisións políticas, económicas e sociais. Baixo a escusa da crise, a pouca soberanía que tiñamos, estase a ver sacrificada en aras do poder económico. O 12M nos mobilizamos polos dereitos e liberdades, contra o recortes, e porque nós non creamos a crise e non pensamos seguir pagando-a.

Non nos vamos resignar! E por todo isto, reclamamos:

  • Democracia directa, participación e asemblearia. Que os nosos dereitos vaian a máis, nunca a menos.
  • Nin un euro público máis para a banca. Auditoría cidadá da débeda pública.
  • Educación, sanidade e servizos sociais públicos, gratuítos de calidade e laicos. Non aos recortes no gasto público e á privatización destes servizos.
  • Reparto do traballo, salario digno e retirada da reformas laborais.
  • Dereito á vivenda digna, dación en pago retroactiva, parque público de vivendas en alugueiro social.
  • Reforma fiscal que redistribúa a riqueza que producimos entre todas. Que as necesidades básicas estean garantidas de xeito universal.
Estas son só parte das nosas esixencias, e este 12M, CONVIDAMOS-VOS A PARTICIPAR coas vosas, na PRAZA DE ARMAS EN FERROL, nunha XORNADA GLOBAL de xustiza social, onde todos os colectivos e persoas esteamos xuntas na rúa.

12M FEIRA DE COLECTIVOS

Trata-se dunha xornada na que dende las 12:00h. e ata a hora que queiramos, cun xantar popular polo medio de 14:00h. ás 16:00h, dedicaremos-nos a mostrarlle a todos aqueles que aínda o descoñecen, as alternativas que temos ao fracasado sistema no que vivimos, e consistirá nunha serie de POSTOS INFORMATIVOS MONTADOS POLOS DISTINTOS COLECTIVOS ou a nosa colaboración, e especializados cada un nun tema, que informarán das distintas maneiras, xa existentes, para participar na construción dunha sociedade xusta e solidaria. Tratase de atraer a atención da xente nos tema das mesas e crear grupos de debate temáticos, tratando de implicar a xente activamente, traballar as accións concretas e proporcionar os recursos para levalas adiante.

12M MOBILIZACIÓN

Ás 18.00h., comezará a MOBILIZACIÓN na Praza de Armas, e no remate da mesma, haberá unha asemblea a micro aberto. Se anunciarán as asembleas temáticas situadas nas mesas e se explicará a problemática e as alternativas que se presentan.

Algúns dos temas propostos para participar en toda a xornada xiran entorno a: desemprego, educación, sanidade, inmigración, feminismo, medio ambiente, sostenibilidade, medios de comunicación e software libre, desenvolvemento da cultura e lingua galega, economía e política, agricultura e soberanía alimentaria, participación cidadá, e outros temas e accións dos moitos que todos vos estades a levar adiante e seguro que queredes plantexar.

Proporemos a realización de actividades como teatro social, pasaruas, música en vivo ou monólogos e se queredes sumar-vos, convidaremos-vos dende a asemblea a continuar cunha agradable velada na praza.

Facemos un chamamento xeral a tódolos colectivos interesados en participar e agradeceriamos que acheguedes unha confirmación COAS VOSAS POSIBILIDADES OU DESEXOS DE PARTICIPACIÓN ata o xoves desta semana, sen pechar que vos acheguedes alí mesmo, no 12M, en calquera momento do dia.

MESAS REDONDAS 13M, 14M E 15M.

Tamén vos animamos a participar nas mesas redondas que temos organizado para os días 13, 14 e 15 de maio as 18 horas na Praza de Armas nas que se trataran os seguintes temas:

13M “Recortes dos dereitos laborais e civís, e democracia participativa”

14M “Recortes sociais, sanidade, educación, feminismo, emigración.”

15M “Sostenibilidade e alternativas ao desenrolo”


SAE A RÚA FAITE OÍR XUNT@S PODEMOS!!!!!!

jueves, 5 de abril de 2012

S.O.S NOVO DESAFIUZAMENTO, NOVO ABUSO, NOVA REPRESALIA EN FERROL

A Comisión de apoio aos traballadores do Café-Bar “O Carballo”, convoca:

MARTES, 10 DE ABRIL, ÁS 12:00 h.
Concentración diante da oficina central do BBVA, (Praza do Callao (Ferrol)

O BBVA DESTRÚE POSTOS DE TRABALLO

NOVO DESAFIUZAMENTO, NOVO ABUSO, NOVA REPRESALIA

O BBVA decidiu desafiuzar ós traballadores do Café Bar O CARBALLO, pese a establecer un acordo verbal con eles, polo que se lles adxudicaba o local por un importe establecido. Agora vólvense atrás e pretenden quedarse co establecemento, no que traballan catro persoas.

Tras manter conversacións con directivos da entidade bancaria (BBVA), éstos aconsellan que un empregado, Pedro Bastida, solicite un crédito. Despois de hipotecar a súa vivenda consegue os recursos necesarios para liberar o local. En lugar de recibir a adxudicación, recibe a notificación do xulgado onde lle anuncian que o Café Bar O CARBALLO, ten que ser desaloxado antes do mércores, 11 de abril.

¿Por que actúa así a entidade bancaria?, ¿Por que se ignora o anuncio do goberno no que se plantexa a necesidade dun código de boas prácticas bancarias?, ¿Que prácticas?
O anterior propietario era Bernardo Bastida Sixto, o expatrón maior da confraría de pescadores de Ferrol. Moitas son as persoas que, especialmente o colectivo de mariscadores, saben do seu esforzo por defender, recupera-la ría e por integrar a un gran número de mozos e mozas á vida social, en Ferrol Terra. Contra Bastida, desenvolveuse unha campaña de desprestixio co obxectivo de decapitar a Confraría e aos traballadores do mar. Incluso se lle someteu a xuízo xunto a outros compañeiros.

A persecución á que foi sometido Bastida, queda de manifesto cando, tras varios anos acusado de apropiación de fondos, agora sabemos, por decisión do fiscal e do xuíz, que se arquivan aquelas actuacións ¡É inocente daquela acusación!
Unha decisión política na que participaron a Xunta de Galicia e Reganosa, para perseguir a Bastida ate a extenuación. A eles se lles suma agora o BBVA, pretendendo que caiga sobre a súa familia o peso da súa rébancha. Lles importa un pimento a destrución de catro postos de traballo. É difícil de entender que non se admita pagar a quen o desexe, tendo medios para facelo.

Coa situación actual da Comarca, que posúe un nivel tan alto de desemprego, non nos podemos permitir a desaparición de catro postos de traballo. Máis, tendo en conta que hai vontade de negociación e de pagamento da débeda.

Por esa razón, decidimos emprender unha campaña de solidariedade con Bastida e os catro traballadores do Café Bar O Carballo e denunciar esta represalia contra eles.

MARTES, 10 DE ABRIL, ÁS 12:00 h.
Concentración diante da oficina central do BBVA, (Praza do Callao - Ferrol)

¡¡ ACODE E DIFUNDE!!

Convoca: Comisión de apoio aos traballadores do Café-Bar “O Carballo”

sábado, 31 de marzo de 2012

O Movemento 15-M participou o día 29 en Ferrol da xornada de Folga Xeral

Dende primeira hora da mañá montouse un toldo, pancarta, carteis, e fixéronse actividades cos máis pequenos

Contra a Reforma Laboral, pola Dignidade Social e contra os recortes sociais por parte do PP.

martes, 27 de marzo de 2012

Charla-coloquio sobre a necesaria Folga Xeral

Mañá mércores, ás 17:00 h, na Praza 15-M (antiga Praza de Armas) terá lugar unha charla-coloquio impartida polo activista Xesús Díaz.

Na que Xesús nos fará unha ampla exposición da nova Reforma Laboral do PP, e nos falará na necesidade de participar na xornada de Folga Xeral do xoves, 29-M

Lembrar que as manifestacións teñen os seguintes horarios:

Manifestación Folga Xeral CCOO, UGT, USTG
Saída ás 12:00 h. do Inferniño e remate na Praza de Armas

Manifestación Folga Xeral CIG
Saída ás 13:00 h. do Local da CIG e remate no Cantón

domingo, 19 de febrero de 2012

O movimento 15-M cos traballadores/as

Hoxe o movimento 15-M participou na manifestación contra a Reforma Laboral do PP

Deixando constancia do malestar do 15-M coas cupulas sindicais.



Iste é o manifesto elaborado para a ocasión

"Non podemos deixar pasar calquera mobilización que o faga contra a reforma laboral que nos impón o goberno de Rajoi".

Desde #AcampadaFerrol e outros sectores críticos das diferentes centrais sindicais propoñen constituír un bloque crítico para a marcha en contra da reforma laboral o domingo 19 de febreiro. O bloque unirase a todo o percorrido, diferenciado-se dentro da mobilización convocada polos sindicatos.

Desde a #AcampadaFerrol - Toma a Rúa - Asemblea do 15M Ferrol, propoñen a todos os sectores e colectivos críticos coa política oficial das cúpulas sindicais que se unan a este bloque e protesten unidos contra unha nova reforma laboral feita á medida do 1% e que só creará prexuízos ao 99%. Xa sabemos que as políticas neoliberais non só agravan esta situación, senón que ademais son as culpables desta. Isto non é unha crise, é unha estafa, e os grandes beneficiados da precarización do emprego son os grandes bancos e corporacións.

Aproveitemos ese día non só para expresar a nosa máis profunda desconformidade a este novo retroceso e ninguneo nos dereitos dos traballadores e traballadoras que impón o Goberno dereitista do PP e a Patronal, senón para visibilizar a nosa desconformidade máis absoluta coas cúpulas sindicais, que non coas súas bases. Non podemos esquecer que estes dirixentes pactaron graves perdas de dereitos os últimos anos. Tamén convidan a participar con propostas e ideas para seguir construíndo alternativas e vías de acción de forma colectiva e horizontal.


Premendo na fotografía accederedes á galería de imaxes

sábado, 18 de febrero de 2012

Manifestación contra a Reforma Laboral

Mañá, as 12:00 h, e saíndo dende a Praza do Inferniño, terá lugar a manifestación contra a reforma laboral.

Outro ataque sen precedentes aos dereitos de tod@s @s traballadores/as.

Unha reforma que so facilita o despedimento e a precariedade laboral e social.

¡¡ACUDE E MOVILIZA!!

domingo, 4 de diciembre de 2011

POSIBLE DESAFIUZAMENTO EN CANIDO

Mañá ás 9:00h, na Praza de Canido nº 3, está convocada a prensa por un posible desafiuzamento.
(Estase a falar dunha moza que ten unha filla)

Sería convinte, que toda a xente que poida pásese para apoiar.

Sentimos non ter información máis concreta para facilitar, a fonte pola que nos chega isto é dun medio de comunicación que está convocado.

martes, 15 de noviembre de 2011

O venres 18 de novembro "TOMAMOS A RÚA"

O "15M Ferrol Terra" en conmemoración do primeiro semestre dende o 15M, e seguindo o exemplo de diversas cidades e pobos do estado, decidíu na asemblea de onte, voltar a montar a acampada na Praza 15 de Maio (Antiga Praza de Armas)


O venres, 18 de novembro "TOMAMOS A RÚA"

martes, 1 de noviembre de 2011

”Na defensa do emprego e do naval”

O domingo, 6 de novembro as 12:00h, o Movimento 15M sumarase ao chamamento feito dende os sindicatos : CIG, CCOO, UXT e USTG na defensa do sector naval da Ría de Ferrol.

A Manifestación sairá ás 12:00 h, dende a Praza do Inferniño, e concluirá na Praza 15 de Maio (antiga Praza de Armas)

@s traballadores/as de Navantia e da industria auxiliar, aprobaron en asembleas realizar un novo calendario de mobilizacións cada mércores a partir do 28 de setembro en demanda de carga de traballo e da construcción do dique flotante.

sábado, 15 de octubre de 2011

Resumo do 15 de Outubro en Ferrol


Case medio milleiro de cidadáns déronse cita neste chamamento global realizado desde o Movemento 15M.

Boa experiencia de Converxencia Cidadán na rúa, tod@s unidos contra os mercados financeiros e o contra o bipartidismo PP-PSOE que se arrastra aos pés da banca e das grandes multinacionais.

lunes, 10 de octubre de 2011

O 15 de Outubro tod@s a Rúa

Sábado, 15 de Outubro ás 18:00 h , na Praza 15 de Maio (antiga Praza de Armas)

A partir das 12:00h, murais e xogos para cativos e maiores + a creación por parte de Suso Basterrechea dun Mural.

14:00h, Xantar Popular

17:00h, Charla sobre os Orzamentos Participativos, por parte de Javier Galan (EU Ferrol)

18:00h, CONCENTRACION

20:00h, Obra Teatral de "Bucaneros"

22:00h, Poesía; Karloty Valle e Guillermo Ferrán

22:30h, Concertos; "La Caverna Mágica" e "Daniel Royo"

24:00h, Queimada Popular

O 15 de Outubro Toma a Rúa from Susete70 on Vimeo.


Canción escrita e cantada polo cantautor uruguayo Walter César

lunes, 26 de septiembre de 2011

Concentración na defensa da vivenda


Onte, domingo, 25 de setembro, o movimento "15M" xunto coa plataforma "Rede de Converxencía Social-Praza Pública" realizaron unha manifestación promovida a nivel estatal pola "Plataforma de Afectad@s polas Hipotecas". Contra os abusos da banca, demandando a "Dación de pago" e a posta en marcha dun aluger social
Fotos cedidas por http://rededeconverxenciasocial.blogspot.com/

sábado, 30 de julio de 2011

SIN DESCANSO

  
Yolanda Díaz
Non hai descanso para ese ar novo que alcumado 15 M non deixa de espir       as miserias dunha orde social, a capitalista, que se reproduce nociva contra   os nosos dereitos e liberdades. Marcharán de vacacións neste vindeiro   agosto os obedientes gobernos que en Compostela e Madrid repiten a leria dos recorte, mais non hai descanso para esa vaga cidadá responsable, insubmisa e crítica que de xeito colectivo, sen os protagonismos e vanidades que firen o quefacer público demasiadas veces, está a producir unha loita social e unha proposta de democratización que, estou certa, non está a deixar indiferentes aos poderosos señores do capital, que tentan disimular o desacougo que lles produce a progresiva deslexitimación dos seus capataces. Capataces que aplican políticas contra a sociedade que non foron defendidas nos seus programas electorais. Capataces que impiden coas medidas que impoñen nun parlamento virado de costas contra a cidadanía que poidamosexercerna práctica os dereitos que temos recoñecidos no Estatuto dos Traballadores, ou que ao recortar as pensións condenan á xente moza a apenas unha pensión de beneficiencia, ou que reparten milleiros de millóns de euros aos bancos para que saneen balanzos, etc. Capataces obedientes que non descansan en aplicar as políticas do capitalismo pero que agorateñen un adversario que non descansa: a respiración na rúa dun programa social alternativo, feito nas asembleas, nos barrios, nas universidades, que en xullo enche Madrid e que vai ter como percorrido o noso porvir.


Publicado por Yolanda Díaz no Diario de Ferrol