martes, 31 de mayo de 2011

"Indignos e Indignados"

José Torregrosa.
(Agardo que o compañeiro Don José,non se moleste por traducir este texto,sen dubidas perde moito.Pois el é un "monstruo" da narrativa en castelán)
Roldan polos coloquios televisivos e radiofónicos coa súa cantilena tráxico-sardónica, mofa sobre befa, ao servizo de quen sabe que oficina sinistra interesada. Trátase dun goteo orquestrado sobre cranio, pertinaz, hacedor de verdades e puñetas. Unha mensaxe nunha botella de veleno: non hai que temer ao lobo feroz do paro; en España, os índices de "economía mergullada" son tan altos que, podería dicirse, resulta até asumible (se me apuran, non existe en absoluto).... O noso movemento (a punto estiven de escribilo con maiúscula) é uniformemente acelerado.

Non se perdan tampouco como se demostra tal "boutade" (véxase "A Excepción e a Regra" de Brecht, que son bemoles...): se o paro adquirise semellantes proporcións na vida real, aquí armouse xa unha moi gorda...

O meu lado malo apresúrase a cuspirme na orella dereita: "Están a darlles pistas, camarada Contreras.."  "¿Estás parado? Cómprache unha manta". A un ilegal deténselle fácilmente...

Penso nesas familias, sen anaco de futuro que levar á mesa, ouvindo como os tratan, non de afogados pola cruel incompetencia do Sistema, senón de "delincuentes" consentidos aos que a crise do Capitalismo, no fondo, nin sequera afecta: están no mercado, á súa maneira...

Rizando o rizo do collón do mono, dispoñen de jerigonza de reposto: esa mocidade "nini", que nin estuda nin traballa porque non lle dá a gana. Desengáñate, Cidadán Can, o teu fillo non é un parado novo; tampouco conta como tal... E, ao ser un "nini", que lle vaian dando...

Stephene Hessel, vello loitador, un dos doce redactores da Declaración Universal de Dereitos Humanos, destinou a súa mensaxe para mozas; pero eu indigneime pola miña conta e deixo a miña pintada sobre folio branco: as vítimas da vosa cobiza non somos nin irresponsables nin ilegais...
Indignémonos todos...
José Torregrosa.
Para ler o texto orixinal,aquí deixo ligazón a súa bitácora http://josetorregrosa.wordpress.com/2011/05/20/indignos-e-indignados/

No hay comentarios: